DE BOTA A BOTA e tiro porque me toca

 


NESTA CASA IMOS DESCANSAR UN POUCO.
SABEDES ONDE SE ATOPA ESTA BOTA?

- É unha bota dun percebeiro que caeu ao mar.
- Recórdame a unhas botas que hai en Cee que tamén teñen un bastón cunha cuncha.
- Unha bota que hai na illa da Toxa.
- Parece unha bota que hai en Fisterra.
- O meu pai ten unhas botas brancas cunha estrela.
- É unha bota que caeu do ceo.

RESULTADOS DA INVESTIGACIÓN:

A bota está feita en bronce. É un monumento ao peregrino que se atopa no Cabo Fisterra. Tradicionalmente os peregrinos chegados a ese punto abandonan o calzado que usaron para facer o camiño.

Ao principio eran dúas botas, pero co paso do tempo unha delas foi roubada. A tradición todavía chega a máis, os peregrinos nese extremo da ruta tamén queiman a roupa. Por medio dese rito, o peregrino desfaise de todo o material e co lume intenta queimar todo aquelo do que se quere desfacer e que non lle beneficiará para comezar unha nova vida.